Ola! Buscando información sobre os distintos programas que se poden empregar para crear recursos audiovisuais atopei unha páxina da que xa falamos con anterioridade, EducaconTIC, que presenta e describe algúns medios que nos poden ser especialmente útiles na aula, como por exemplo: Google Docs, Audacity, Movie Maker ou Divshare. Pareceume especialmente interesante xa que ata o de agora soamente coñecía Movie Maker. Nesta páxina explícanos como podemos engadir distintos tipos de documentos aos vídeos, gravar as producións do alumnado ou introducir as gravacións ou os audios que realizamos nun blog.
Espero que a vos tamén vos resulte de utilidade como a min, se queredes ver de que páxina estou falando premede aquí.
Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario