Boas tardes lectores!
A publicación de hoxe está relacionada coa do pasado mércores sobre os dous recursos que aportamos para realizar o noso traballo e que igual vos poden servir a vos tamén. Hoxe vou facer unha reflexión sobre estes dous recursos. O primeiro deles chámase Freesound.org, este recurso resultoume un tanto complexo de atopar, xa que cheguei a el a través de enlaces de diferentes páxinas, pero penso que é moi útil para traballos audiovisuais de aula e ademais é sinxelo de empregar, o único problema que lle atopo é que a lingua empregada é o inglés. O segundo recurso é MundoPrimaria, e consiste nunha serie de vídeos que transmiten os contidos curriculares ao alumnado, esta web foi moi sinxela de atopar, e penso que é moi útil para o alumnado en xeral e para nós como futuros docentes, xa que temos nos vídeos unha maneira fantástica de empregar os contidos de cada materia, ademais de aportarnos ideas sobre como crear o noso propio material audiovisual.
Unha aperta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario