Ola a todos e todas, tras
analizar os recursos web que nos foron dados na materia de Novas Tecnoloxías
imos facer unha síntese dos que nos pareceron máis interesantes. O meu traballo
consistirá en resaltar a importancia de aqueles que considere máis sinxelos de
empregar e máis efectivos á hora de crear material audiovisual para traballar
na aula cos nenos e nenas.
Unha
boa forma de introducirse e informarse sobre o tema é a páxina web de
EducaconTic, que ten publicacións como por exemplo a de “O vídeo como
ferramenta didáctica”, na que se fai unha presentación deste método na
ensinanza e sinala as súas vantaxes, así como unha breve explicación de como
crear vídeos educativos. A continuación nesta páxina preséntasenos a web de
NeoK12, outro dos recursos co que contábamos.
Atópolle
a este recurso unha gran utilidade, xa que conta cunha amplia serie de vídeos clasificados
segundo a temática de ciencias que traten, o alumnado pode atopar aquí
numerosos vídeos coa materia que se trata nas aulas para practicala dunha
maneira amena e simple.
Outro
recurso que pode ser moi útil para a xente que estea aprendendo a crear
material audiovisual son os cinco recursos que plantexa Aulaplaneta: Edpuzzle,
Educanon, Hapyak, Blubbr, The Mad Video. Con estes cinco poderemos aprender a
engadir textos, enlaces, imaxes, cuestionarios...aos nosos materiais
audiovisuais.
Tamén
me gustaría rescatar a páxina web que trata a transmisión de valores a través dos
debuxos animados, xa que destaca a importancia de educar aos nenos e nenas de
maneira crítica e analizar e controlar os debuxos que os pequenos/as ven na
televisión para evitar que estes sexan educados baixo uns valores que no se
correspondan cos da familia.
Estes
son os principais recursos aos que lle atopei máis utilidade ou que me chamaron
a atención pola súa sinxeleza e o adaptables que son ás aulas de primaria. Ultimamente
as novas tecnoloxías están gañando un amplo terreo nas escolas, e por iso
mesmo, os mestres e mestras deberían modernizar as súas clases e adaptalas á
nova realidade que rodea aos nenos e nenas. Espero que a vos estes recursos vos
sexan tan útiles como a min.
Un
saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario