Cada
días as TIC van gañando maior terreo en todos os ámbitos das nosas vidas, e
como non ía ser menos, na educación cada vez van deixando máis pegada. É hora
de que deixemos de educar como educaban a nosos pais, nais, avós, avoas... e
que busquemos na tecnoloxía a estimulación que os/as estudantes precisan!
Introducir as TIC na aula non ten por que ser tan complicado, moitos son os
medios que temos á disposición como para deixar pasar esta oportunidade.
Tras a visualización de diversos recursos educativos dixitais e audiovisuais, pódese observar que hai un amplo abano de posibilidades para axudar aos nenos e nenas a estudar. Ofrécense actividades visuais e interactivas grazas ás que a aprendizaxe se fai máis doada, xa que é mellor aprender facendo que coa simple memorística, videos explicativos de gran calidade, consellos para a aplicación das TIC...
Tras a visualización de diversos recursos educativos dixitais e audiovisuais, pódese observar que hai un amplo abano de posibilidades para axudar aos nenos e nenas a estudar. Ofrécense actividades visuais e interactivas grazas ás que a aprendizaxe se fai máis doada, xa que é mellor aprender facendo que coa simple memorística, videos explicativos de gran calidade, consellos para a aplicación das TIC...
Para
comezar, o primeiro recurso visitado foi NeoK12, unha web que pon á disposición
do alumnado unha gran cantidade de videos educativos para axudar na sua
aprendizaxe. A única inconvinte é o idioma, todos eles están en inglés, mais,
tendo en conta que moitos colexios son plurilingües non ten por que supor unha
dificultade.
Educatube
é similar, mais o problema do idioma que había coa outra web elimínase.
Os mestres
e mais as mestras tamén teñen a oportunidade de crear contido audiovisual de
seu, grazas á páxina Videoscribe isto pódese realizar dun
xeito moi doado, as imaxes xa están prediseñadas e posibilitan ademáis subir as
propias, mais, so cos que oferta a páxina podemos crear un audiovisual máis que
completo.
A páxina
que me sorprendeu foi unha sobre a Transmisión de valores en dibujos animados,
nela recóllese unha escolma de series infantís que fomentan valores positivos.
Os valores son inculcados dende tódolos ámbitos nos que o neno vive, incluídos
os medios de comunicacións, polo que é importante facer unha boa selección de
qué valores queremos que sexan influintes para os nosos cativos e cativas.
Cada día é
máis frecuente ver libros en formato dixital, o papel está sendo substituído
pola pantalla. Xa non se nos fai raro consultar un dicionario a través da rede
por exemplo. Destas características atopamos as revistas, que ofrecen un
contido semellante ao destinado a docentes pero mantendo publicacións
periódicas cunha serie de seccións etc... en Educación 3.0 podemos atopar dende
noticias, a videos educativos ou mesmo ideas para aproveitar os recursos TIC
nas aulas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario