Bo día lectores!
Desta vez atopei unha páxina de experimentos da comunidade de Madrid, para vela pinchade aquí.
Nela podemos ver unha gran variedade de experimentos, e ainda que a maioría están destinados aos alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato, algúns deles tamén poden ser realizados cos cativos.
Por exemplo, un dos experimentos trata a distinción de polos dun imán. Para conseguir isto, temos que ter un corcho, e sobre o mesmo, unha cruz feita con paus de remover café. Ao colocar un imán neste flotante, automáticamente orientarase cara o norte. Botádelle un ollo ao experimento máis detallado aquí.
Un saudo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario