Esta semana, en Experimentos X decidimos facer unha reflexión sobre o papel da ciencia na sociedade actual e a visión que se ten dela.
É fundamental saber que a ciencia funciona por ensaio e erro, o método científico non da resultados inmediatos, se non que hai que probar e se non obtemos os resultados esperados volver a intentalo dun xeito distinto. Probablemente a maioría da xente pense que un experimento falido é un fracaso, porén, iso só significa que temos que formular outra hipótese para chegar á explicación correcta.
Esperamos que a seguinte viñeta vos sirva para reflexionar sobre a importancia do papel dos científicos e do método ensaio-erro.
Que pensades vos? Considerades que a ciencia é necesaria? Pensades que en ocasións se perderon importantes descubertas por non empregar o método ensaio-erro?
Un saúdo lectores!
Eu penso que aciencia é moi complexa, pero axúdanos a comprender o mundo no que vivimos. Grazas a ciencia avanzamos moito no campo experimental que nos axuda en varios campos, como no da mediciña para paliar enfermedades, no campo da natureza, na evolución do ser humano para coñecer de onde vimos...etc.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarConsidero que o tema a tratar por esta viñeta é moi interesante. Seguramente isto pase no día a día de moitas persoas, vense condicionadas polos pensamentos rudimentarios e retrógrados doutras que non avanzan nin deixan avanzar. O Ser humano experimenta co fin de mellorar un ámbito en concreto das nosas vidas, pero para acadar isto necesitamos intentalo e fracasar antes moitas veces, habrá xente que non entenda esta "perda de tempo" incluso que o consideren inútil.
ResponderEliminarComo moi ben di a miña compañeira Laura, a ciencia en calquera ámbito acarrea un avance para entender un pouco mellor o mundo no que vivimos, sexa maior ou menor.
Esta viñeta recórdame moito a unha película que vin fai un tempo e me pareceu moi interesante o tema que plantexaban, a película titúlase "Interstellar", moi recomendada para poder reforzar este pensamento ;)