martes, 8 de marzo de 2016

Os beneficios das TIC

Actualmente estáselle dando a importancia que merecen ás TIC nas aulas, xa que son un recurso moi útil para asentar e practicar os coñecementos impartidos na clase. Os beneficios máis coñecidos das TIC son que capacitan ao alumnado para traballar con certas aplicacións tecnolóxicas e que facilitan o traballo de aula con todos os recursos que aportan. Porén, aparte disto, hai moitos máis beneficios de incorporalos á aula, e vou traballar algún deles a continuación.
Facilitan as comunicacións, tanto coas familias como do alumnado entre si ou o alumnado co profesorado. Permiten realizar actividades que sexan corrixidas de inmediato, de forma que os nenos e nenas reciban un estímulo positivo ou negativo que sirva como reforzo para asentar os coñecementos previamente explicados. Provocan o xurdimento de novas profesións e mercados, xa que entran es escena novos produtos para o traballo de aula. Aumentan a cantidade de respostas que temos ao alcance da man, e así mesmo, increméntase á información innovadora que temos ao alcance das nosas mans.
Estas son algunhas das numerosas vantaxes que ten aplicar as novas tecnoloxías na clase. Se queres ler máis sobre este tema, fai clic aquí e infórmate!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Help Select - Smiley Star