Bo día visitantes de Chámalle X!
Estamos a rematar unha etapa do blog, como sabedes, todos os compoñentes do grupo Chámalle X somos estudantes do Grao en Educación Primaria, e este blog creouse para a asignatura de Novas Tecnoloxías. Este cuatrimestre pasou voando!
Dende o primeiro día, creamos o noso proxecto baseado nas audiovisuais, e fomos relizando actividades para acadar ese obxectivo. As actividades, se lle tendes botado unha ollada ao blog xa as coñecedes, mais farei unha listaxe coas mesmas:
- Webquest sobre a auga
- Foto narrada sobre a vela que se balancea
- O presentador Obi
- Vídeo sobre as pautas de seguridade nos laboratorios
- Stop motion sobre os cambios físicos
- Vídeoquiz do magnetismo
- Cómic interactivo da cocacola e os caramelos mentos
- Póster interactivo co experimento de inflar un globo cunha botella
Ben, estas son as actividades realizadas, ademáis como sabedes, ofertámosvos moitos recursos que tanto nas aulas como nas casas poden ser empregados para a educación dos cativos e cativas.
Para concluír o noso proxecto, realizouse un audiovisual final onde a través dun vídeo en forma de debate presentamos todas as actividades comentadas anteriormente coas suas ventaxas. Pronto se subirá o vídeo, éste foi realizado por todos os compoñentes do grupo e coa colaboración de outros compañeiros e amigos que nos grabaron. Editouse con Movie Maker e estamos moi contentos co resultado! Esperamos que vos guste tanto como a nos!!!
Un saúdo, vémonos noutra publicación!